amada Rosalía

Comprácenos anunciar a publicación do libro amada Rosalía, que acaba de chegar do prelo, para entregalo á lectura de quen o desexe, e que é o punto de partida de Murabellos, o selo editorial que xa é unha realidade palpable, após ó enorme traballo que me supuxo chegar ata aquí para quen procura a excelencia sendo consciente de que endexamais se acada.


Capa de amada Rosalía

amada Rosalía contén 161 poemas que veñen a conmemorar o 161 aniversario da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro. O autor afirma que o libro, que comezouno a escribir no ano 2017 e rematouno con 85 poemas no 2018, despois non se publicou e ficou a espera dun novo tempo. No 2021 retomouno e seguiu escribindo poemas, e refacendo outros para procurar a súa musicalidade, "eses poemas nacen para poñerlles música e seren cantados", afirma; tamén engadiu algúns poemas coa forma do haiku, que tiña escrito neses anos, todos dedicados á nosa escritora universal. Segue dicindo que: "concepción dos poemas segue a idea que Rosalía tivo para escribir os seus Cantares gallegos (ela escollía estrofas populares para inspirar os seus poemas), e eu escollín un ou dous versos dos Cantares gallegos e de Follas novas, para inspirar os meus poemas. Mais, para min non era suficiente, quería ir máis alá e escribir poemas inspirados en versos (1, 2, ou 3 como moito), que outros poetas lle tivesen dedicado a nosa escritora, e quería que estivesen representadas todas as linguas peninsulares nesa escolla, galego, portugués, castelán, catalán e éuscaro, e por suposto, respectando nos meus poemas os textos nas súas linguas orixinais."

Se che presta este traballo, e queres algún exemplar de amada Rosalía, só tes que escribirme a murabellos@gmail.com


Esta entrada foi publicada orixinalmente o 17/6/2024