Murabellos é unha iniciativa editorial para publicar a autoras e autores vencellados ao val do Limia, e a bisbarra de Celanova, tamén o espazo vencellado á raia seca da provincia de Ourense, principalmente, sen descartar a posibilidade de publicar a outras autoras e autores, de ser o caso, e así o decide a asociación.
Escollemos o nome de MURABELLOS ó tratarse dun lugar que se atopa no corazón do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, na aldea de Ludeiros, na parte baixa da serra de Santa Eufemia, na parroquia de Manín. Nos Murabellos a veciñanza da aldea construíu dúas pozas e un pozanco ou pociño, para recoller a auga dos nacentes que alí abrollan, auga que se xuntaba na poza do Porto do Carro, a onde tamén ía parar a auga das pozas da Barreira, e dende alí era conducida ás veigas de Ludeiros. Ese lugar forma parte da memoria colectiva do lugar, e ó igual que acontece noutras aldeas, é un legado que cómpre conservar.
Parte desta entrada publicouse o 23 de abril do 2024
