Murabellos vén de publicar a poesía reunida de Manuel Lamela Bautista, poeta de Padrendo (Lobios).
Trátase dun libro no que o autor recolle a súa produción poética en Galego, Portugués e Español.
Para Murabellos é unha honra que Manuel nos confiase o seu traballo, co que damos un paso máis para ir recollendo a creación literaria do val do Limia e as terras da bisbarra de Celanova, e as estremeiras da raia seca, principalmente.
